LÉXICO
1.- PREPARACIÓN DA TERRA:
Esfender:
Arar por primeira vez un terreo.
Achanzar/
Achallar:Poñer
chá a superficie dun terreo.
*Entrarresar:
Cruzar os primeiros regos noutro sentido.
Asucar:Facer
sucos ou regos nuha leira.
Fender:
Abrir sucos ou regos
Refender:Volver
fender para
tapar a semente.
Rendar./Arrendar:Arrimar
terra ao pé dos cultivos.
2.- FERRAMENTAS/APEIROS.
Aixada/*eixada:.Apeiro
de labranza formado por unha pa de ferro e un mango que se usa para
cavar ou sachar a terra.
Aixada |
Arado:
Apeiro
de labranza formado por unha rella ou prancha de ferro cun temón e
cunha rabela, que se emprega para
abrir regos na terra. ♦Arado
de ferro:Feito
de ferro. ♦Arado
romano:
Feito de pau.
Canizo/Caínzo/
Grade:
Apeiro de labranza de forma rectangular con paus entretezidos para
achanzar a terra dunha leira arada.
Cribo/Criba:
Instrumento
formado por unha caixa circular cun fondo metálico ou de coiro con
buratos que se emprega
para limpar o cereal.
Fouce:
Instrumento
agrícola de folla metálica curva cun mango de madeira que serve
para
rozar
,segar
etc. .Sin. Fouciña, Fouciño, Gadaño, Lampo, Lanzafouces.
Legón
:Instrumento
agrícola que consta dunha pa de ferro unida a un mango de madeira
que serve
para cavar a terra.var.
Ligón.
Mallo:
Instrumento
agrícola que consta de dous paus unidos
por unha correa de coiro que se utilizaba para mallar o gran. Sin.
malle,
manlle, manle.
Rastro:
Instrumento
agrícola de madeira, parecido a un angazo, que se utilizaba para
achaiar a superficie dun terreo.
3.-
ÚTILES PARA GARDAR OU MEDIR O GRAN:
Ferrado
/Tega: .1 Medida de superficie
que varía entre os catrocentos e os seiscentos metros cadrados. .2
Medida de capacidade formada por unha especie de caixón de madeira
que se utiliza para medir cereais e que oscila entre os doce e os
vinte quilos ( Kg).
Hucha/Tulla:
Caixóns
de madeira ou doutro material para gardar o gran ou outras.
Artesa:
Recipiente de madeira utilizado para amasar o pan.
4.-
OUTROS:
Borrea:
Montóns de terróns, herbas, etc., que se queimaban e cuxa cinsa
servía de abono.
Bouza:
Terreo a monte, con maleza.
Estivada:
Traballo agrícula que consiste en rozar e cavar un monte, queimar os
terróns e estender a cinsa para despois sementar trigo ou centeo.
Embelga:
Cada unha das partes en que se divide unha leira para sementala.
Sin.
Treita.
Farelo:
Casca do gran, despois de separar a fariña; serve de alimento para o
gando.
Maioral:
Persoa que dirixe unha cuadrílla de segadores e vai diante.
Meda:
Morea
de
mollos que se colocan, xeralmente na eira, antes de ser mallados.
Medeiro:
Montón
de mollos colocados verticalmente na leira despois de segar.
Mollo/Monllo:
Conxunto
de
cereal atado.
Pabeas
atadas.
Pabeas:
Conxunto de cereais segados, antes de seren atados en mollos.
Rabeleiro:
Persoa que vai de último na sega.
Viorto/
Vencello : Especie
de corda feita de palla que serve para atar os mollos.